luns, 22 de decembro de 2025

TORNEO "XENERAL AZCÁRRAGA"

Este cuarto e último dos torneos "Nadal na Cidade Vella" recorda a historia do Xeneral Azcárraga. Marcelo Azcárraga Palmero (1832–1915), o único xefe de goberno español nado nas Filipinas, foi un destacado militar e unha figura clave da Restauración. Como aliado indispensable de Cánovas no Partido Conservador, presidiu o Consello de Ministros en tres ocasións, actuando sempre como un líder pragmático e conciliador nos momentos de crise da monarquía.

A súa vinculación coa cidade xorde da súa xestión política para que a Capitanía Xeral permanecese na Coruña, consolidando así o seu status administrativo. Por iso, en 1896, o Concello dedicoulle a que fora a praza principal da cidade: a Praza da Fariña (ou do Mercado). Nela instalouse posteriormente a Fonte do Desexo, que abastecía de auga á veciñanza da Cidade Vella.

Tamén queremos destacar a súa pertenza á familia dominicana por ter estudiado Dereito na Universidade de Santo Tomás, recoñecida como a universidade asiática máis antiga que continua en funcionamento.

E, como sempre, non queremos rematar esta pequena introdución agradecendo de novo ó Concello da Coruña o seu apoio que fai posible a celebración deste torneo.

*** TORNEO "XENERAL AZCÁRRAGA" ***

Data: 26 de decembro de 2025.

Lugar: Colexio Santo Domingo FESD, Praza de Santo Domingo, A Coruña

Ritmo: 15' + 10''

Horario:

Presentación: 16,45

1ª Rolda: 17,00

2ª Rolda: 17,50

3ª Rolda: 18,40

4ª Rolda: 19,30

5ª Rolda: 20,20

A entrega de trofeos realizarase ó finalizar (aprox. 21,10).

O emparellamento será realizado polo programa ChessManager.

Os xogadores poden solicitar os bye que desexen, avisando a organización antes do comenzo da rolda 1. Outorgaranse 0,5 puntos. Os bye por imposibilidade de emparellamento serán de 1 punto.

Criterios de desempate:

  1. Bucholz -1
  2. Bucholz
  3. Sonneborn-Berger
  4. Progresivo
  5. Enfrontamento particular
  6. Número de victorias
  7. Número de victorias con negras

Premios:

Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados e para o mellor alumno/a do Colexio Santo Domingo FESD de A Coruña.

Todos os participantes recibirán unha medalla de recordo da actividade.

Os xogadores competirán nunha soa categoría e non só contra xogadores da súa idade.

***   ***   ***

Inscrición:

Máximo 32 participantes. 

A participación nos torneos é gratuíta. 

A inscrición realizarase a través do seguinte formulario:

PREME AQUÍ PARA INSCRIBIRTE

Advertencia 1:  Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes, etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo, a organización pode ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

sábado, 13 de decembro de 2025

TORNEO "PÉREZ DAS MARIÑAS"

Este terceiro dos torneos "Nadal na Cidade Vella" quere manter vivo o recordo de Gómez Pérez das Mariñas I. Este nobre galego foi unha figura de gran influencia na corte de Xoán II e Henrique IV no século XV, destacando como gobernador de Betanzos e defensor da Coruña. A súa oposición á Revolta Irmandiña e a defensa dos seus intereses nobiliarios fíxoo unirse en 1469 á coalición de grandes señores liderada por Pedro Madruga (Pedro Álvarez de Soutomaior). Se queres saber máis animámoste a visitar o espazo web www.irmandiños.org onde a asociación INCUDE recolle moita máis información e presenta o seu xogo de mesa.   

Pérez das Mariñas deixou disposto ser enterrado no Convento de Santo Domingo da Coruña. Lamentablemente, a súa sepultura non perdurou: o convento no que foi soterrado sufriu graves danos e foi finalmente derruído como consecuencia do ataque de Drake á cidade no ano 1589.

E, como sempre, non queremos rematar esta pequena introdución agradecendo de novo ó Concello da Coruña o seu apoio que fai posible a celebración deste torneo.

*** TORNEO "PÉREZ DAS MARIÑAS" ***

Data: 19 de decembro de 2025.

Lugar: Colexio Santo Domingo FESD, Praza de Santo Domingo, A Coruña

Ritmo: 10'+ 3''

Horario:

Presentación: 17,15

1ª Rolda: 17,30

2ª Rolda: 18,00

3ª Rolda: 18,30

4ª Rolda: 19,00

5ª Rolda: 19,30

A entrega de trofeos realizarase ó finalizar (aprox. 20,00).

O emparellamento será realizado polo programa ChessManager.

Os xogadores poden solicitar os bye que desexen, avisando a organización antes do comenzo da rolda 1. Outorgaranse 0,5 puntos. Os bye por imposibilidade de emparellamento serán de 1 punto.

Criterios de desempate:

  1. Bucholz -1
  2. Bucholz
  3. Sonneborn-Berger
  4. Progresivo
  5. Enfrontamento particular
  6. Número de victorias
  7. Número de victorias con negras

Premios:

Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados e para o mellor alumno/a do Colexio Santo Domingo FESD de A Coruña.

Todos os participantes recibirán unha medalla de recordo da actividade.

Os xogadores competirán nunha soa categoría e non só contra xogadores da súa idade.

***   ***   ***

Inscrición:

Máximo 32 participantes. 

A participación nos torneos é gratuíta. 

A inscrición realizarase a través do seguinte formulario:

PREME AQUÍ PARA INSCRIBIRTE

Advertencia 1:  Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes, etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo, a organización pode ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

martes, 9 de decembro de 2025

TORNEO "CIDADE VELLA"

O segundo dos torneos desde Nadal está dedicado á Cidade Vella no seu conxunto. Tamén coñecida como Cidade Alta, constitúe o núcleo histórico, nobre e orixinario da Coruña, caracterizado polo seu trazado medieval irregular e un rico patrimonio monumental declarado Conxunto Histórico-Artístico. Antigamente protexida por murallas defensivas, das que só quedan algúns restos, esta área alberga xoias arquitectónicas relixiosas e civís que testemuñan a súa importancia como antigo centro administrativo, militar e relixioso.

Imos celebrar o torneo no Centro Cívico Cidade Vella, que ocupa o Palacio da Veeduría. Non hai demasiada información anterior a 1640, pero puido servir de aloxamento ó emperador Carlos I na súa estadía na cidade. Nese ano pasou a mans da Real Facenda, e consolidou a súa fisionomía urbana e importancia administrativa durante o século XVIII grazas ás reformas de Antonio de Gaver para aloxar a Intendencia, sendo posteriormente actualizado en 1902 polo enxeñeiro Arias Sanjurjo para acoller as oficinas do Goberno Militar. 

E non queremos rematar esta pequena introdución agradecendo de novo ó Concello da Coruña o seu apoio que fai posible a celebración deste torneo.

*** TORNEO "CIDADE VELLA" ***

Data: 12 de decembro de 2025.

Lugar: Centro Cívico Cidade Vella, rúa Veeduría nº 2, A Coruña

Ritmo: 5'+ 3''

Horario:

Presentación: 17,15

1ª Rolda: 17,30

2ª Rolda: 17,50

3ª Rolda: 18,10

4ª Rolda: 18,30

5ª Rolda: 18,50

6ª Rolda: 19,10

A entrega de trofeos realizarase ó finalizar (aprox. 19,30).

O emparellamento será realizado polo programa SwissPerfect.