Un ano mais celebrouse o Torneo Virxe do Rosario de Xadrez que tivo como campión ao Gran Mestre Aleksa Strikovic nunha proba disputada na Sala de Cultura do Sporting Club Casino da Coruña.
Grazas ao apoio do Servizo Municipal de Deportes do Concello da Coruña a proba deste ano foi a de mais nivel das celebradas ata agora e unha das de maior participación.
Como en ocasións anteriores a proba tivo como centro un torneo de partidas semirrápidas e foi pechada por outro de rápidas. O podium de ambos torneos foi o mesmo, pero variando os postos o segundo e terceiro clasificado, Walter López e Luis Medarde, que foi o mellor sub18 de xeito moi destacado.
Torneo 15 minutos.
Campión: Aleksa Strikovic
Subcampión: Walter López
Terceiro Clasificado: Luis Medarde
Cuarto Clasificado: Fernando Sánchez
Quinto Clasificado: Jorge Rodríguez
Mellor Sub18: Luis Medarde (3º)
(O trofeo correspondeulle dada a boa participación dos mellores sub18 e sub14 a Guillermo Rodríguez)
Mellor Sub14: Diego Bugliot (12º)
Torneo 5 minutos
Campión: Aleksa Strikovic
Subcampión: Luis Medarde
Terceiro Clasificado: Walter López
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.