mércores, 5 de xuño de 2024

XIX LUDO LÓSTREGO - TORNEO MERINO

O 21 de xuño de 2002 foi fundado o Club Ludo-Sociedade Deportiva.

Tamén un 21 de xuño, pero de 1939, nacía quen foi un dos mellores xadrecistas de Galicia: Domingos Merino, falecido no 2018.

Ludo e a familia do homenaxeado teñen o obxectivo de facer na Coruña cada 21 de xuño un torneo que lembre a nosa fundación e o nacemento de quen foi alcalde da nosa cidade, polo que o torneo engadirá o nome de Merino á proba blitz, a primeira das creadas por Ludo.

O Ludo Lóstego é a proba mais antiga das que facemos xa que naceu no 2006. Aínda que nesa época non tiñamos o vencello actual co Colexio Santo Domingo-FESD, é de destacar que nos 18 anos de celebración gañaron dous exalumnos do colexio: Jorge Rodríguez no 2006 e Santiago Domínguez no 2015.

Co obxectivo de facer a proba máis entretida, este ano será valedeira para ELO FIDE.

*** TORNEO MERINO - XIX LUDO LÓSTREGO ***

Data: 21 de xuño de 2024.

Local de Xogo: Centro Comercial Los Rosales.

Ritmo: 5' + 3''.

Horario:
Presentación: 19,30
1ª Rolda: 20,00
2ª Rolda: 20,15
3ª Rolda: 20,30
4ª Rolda: 20,45
5ª Rolda: 21,00
A entrega de trofeos realizarase ó finalizar.

Requisitos:
Estar federado. 
Máximo 32 participantes. 

Premios:
Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados e para o mellor xogador alumno do Colexio Santo Domingo-FESD.

Inscricións:
A inscrición é de 5 euros. 
As inscricións realizaranse exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Advertencia 1:  Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes, etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo, a organización pode ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

HISTORIAL DO TORNEO LOSTREGO

I TORNEO - 2006
GAÑADOR: Jorge Rodríguez
II TORNEO - 2007
GAÑADOR: Aleksa Strikovic
III TORNEO - 2008
GAÑADOR: Bruno Figueredo
IV TORNEO - 2009
GAÑADOR: Diego García-Muñoz
V TORNEO - 2010
GAÑADOR: Pablo Sánchez
VI TORNEO - 2011
GAÑADOR: José Sande
VII TORNEO - 2012
GAÑADOR: José Sande
VIII TORNEO - 2013
GAÑADOR: José Sande
IX TORNEO - 2014
GAÑADOR: Pablo Sánchez
X TORNEO - 2015
GAÑADOR: Santiago Domínguez
XI TORNEO - 2016
GAÑADOR: José María Dorado
XII TORNEO - 2017
GAÑADOR: José Ramón Gómez Torre
XIII TORNEO - 2018
GAÑADOR: Daniel Pousada
XIV TORNEO - 2019
GAÑADOR: Daniel Codesido
XV TORNEO - 2020
GAÑADOR: Rodrigo Pena
XVI TORNEO - 2021
GAÑADOR: Francisco Pedreira
XVII TORNEO - 2022
GAÑADOR: Rodrigo Pena
XVIII TORNEO - 2023
GAÑADOR: Jacobo Vieites

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.