luns, 30 de setembro de 2024

Torneo do Rosario: Modalidade Rápidas

Hoxe publicamos tamén o Torneo a Ritmo Rápido do Rosario.

Este ano o torneo será o sábado 12. Valedeiro para ELO FIDE.

*** TORNEO ROSARIO RAPIDAS ***

Data: Sábado 12 de outubro de 2024.

Local de Xogo: Colexio Santo Domingo - FESD.

Ritmo: 15' + 3''.

Sistema: Suizo a 5 roldas.

Horario:
Presentación: A partir das 16,30 e ata 16,50
1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,40
3ª Rolda: 18,20
4ª Rolda: 19,00
5ª Rolda: 19,40
A entrega de trofeos realizarase ó finalizar.

Requisitos:
Estar federado. 
Máximo 32 participantes. 

Premios:
Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados.
Tamén haberá trofeo para o mellor senior (nado en 1969 ou anteriores), mellor sub18 (2006-2007), mellor sub16 (2008-2009), mellor sub14 (2010-2011), mellor sub12 (2012-2013), mellor sub10 (2014-2015) e mellor sub8 (2016 e seguintes). 
Ademais haberá outro trofeo para o mellor xogador alumno do Colexio Santo Domingo-FESD.
Medalla para todos os participantes.

Inscricións:
A inscrición é de 5 euros. 
As inscricións realizaranse exclusivamente a través do formulario ligado:
No formulario pódese anotar tamén para o Torneo Ludo Lóstrego que se celebra o venres 4.

PREME PARA INSCRIBIRSE

Advertencia 1:  Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes, etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo, a organización pode ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

CAMPIÓNS PREVIOS 
(Estamos tentando facer un historial como nos Torneos Ludo)

2023: José Ángel Rodríguez
2022: Jorge Rodríguez
2021: Rodrigo Pena
2019: Sindo Rocha
2018: José Fernández
2017: Manuel Esteve
2016: Santiago Domínguez
2014: Aleksa Strikovic
2013: Ibragim Khamrakulov
2012: Aleksa Strikovic
2011: José Sande

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.