xoves, 26 de setembro de 2024

Torneos do Rosario: Modalidade Lóstrego

Como cada ano, dende 1995, o xadrez volve ao Colexio Santo Domingo cos Torneos do Rosario.

Este ano o torneo a ritmo lóstrego será o venres 4. Será por vez primeira valedeiro para ELO FIDE.

*** TORNEO ROSARIO LÓSTREGO ***

Data: Venres 4 de outubro de 2024.

Local de Xogo: Colexio Santo Domingo - FESD.

Ritmo: 5' + 2''.

Horario:
Presentación: 19,30
1ª Rolda: 19,45
2ª Rolda: 20,00
3ª Rolda: 20,15
4ª Rolda: 20,30
5ª Rolda: 20,45
A entrega de trofeos realizarase ó finalizar.

Requisitos:
Estar federado. 
Máximo 32 participantes. 

Premios:
Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados e para o mellor xogador alumno do Colexio Santo Domingo-FESD.

Inscricións:
A inscrición é de 5 euros. 
As inscricións realizaranse exclusivamente a través do formulario ligado:
No formulario pódese anotar tamén para o Torneo Ludo de Rápidas (15'+3'') a celebrar o sábado 12.

PREME PARA INSCRIBIRSE

Advertencia 1:  Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes, etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo, a organización pode ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

CAMPIÓNS PREVIOS
(O torneo non se celebraba en tódalas edicións pero andamos recabando o historial previo).

2023: Luca Grygar
2019: Jorge Rodríguez
2018: José Manuel Andión
2016: Francisco Pedreira
2015: Sergio Guerrero
2014: Diego García Muñoz
2013: Ángel de Blas
2012: Aleksa Strikovic
2011: José Sande

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.