luns, 25 de novembro de 2024

XVII TORNEO LUDO

O vindeiro sábado temos o Torneo por Colexios (info aqui) pero xa imos publicando as bases do Torneo Ludo.

O venres 6 de decembro no Colexio Santo Domingo-FESD, co apoio económico da Deputación da Coruña, teremos o XVII Torneo Ludo. 

*** XVII TORNEO LUDO - VALEDEIRO PARA ELO FIDE ***

Data: 6 de decembro de 2024.

Ritmo: 15'+ 3''

Horario:
Presentación: 16,45
1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,40
3ª Rolda: 18,20
4ª Rolda: 19,00
5ª Rolda: 19,40
A entrega de trofeos realizarase ó finalizar (aprox. 20,20).

Ó ser torneo evaluado, o emparellamento será realizado polo programa VEGA e publicado en info64.

Requisitos:
Estar federado. 
Aqueles xogadores non federados poden contactar no whatsapp 654 60 37 16 para informarse das opcións para federarse.
Máximo 32 participantes. Terán preferencia na inscrición ata o día 30 de novembro o alumnado do colexio. 

Premios:
Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados na categoría absoluta e para o mellor alumno do colexio.
Todos recibirán unha medalla de recordo da actividade.

Os xogadores competirán nunha soa categoría e non só contra xogadores da súa idade.

***   ***   ***

Coata de inscrición:
Os participantes deberán pagar a cota de socio de Club Ludo (5 euros) para participar no Torneo.
Será gratuíta para os asistentes á actividade extraescolar de xadrez no colexio (sempre que teñan licenza federativa). 
As inscricións realizaranse exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Advertencia 1:  Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes, etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo, a organización pode ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Historial do Torneo: 

I TORNEO - 2008
GAÑADOR: Walter López
II TORNEO - 2009
GAÑADOR: Pablo Sánchez
III TORNEO - 2010
GAÑADOR: Pablo Sánchez
IV TORNEO - 2011
GAÑADOR: Santiago Domínguez
V TORNEO - 2012
GAÑADOR: Walter López
VI TORNEO - 2013
GAÑADOR: Oscar de Prado
VII TORNEO - 2014
GAÑADOR: Ibragim Kamrakulov
GAÑADORA SUB14: Sabela Iglesias
VIII TORNEO - 2015
GAÑADOR: Luis Medarde
GAÑADOR SUB14: Antonio Mallo
IX TORNEO - 2016
GAÑADOR: Daniel Pousada
GAÑADOR VETERANS: Manuel Andión
GAÑADOR SUB14: Claudio Reboredo
GAÑADOR SUB12: Noa García-Muñoz
GAÑADOR SUB8: Nicolás Rivas
X TORNEO - 2017
GAÑADOR: Santiago Domínguez
GAÑADOR SUB14: Claudio Reboredo
GAÑADOR SUB12: Daniel García
GAÑADOR SUB10: Alex Vázquez
GAÑADOR SUB8: David Visos
XI TORNEO - 2018
GAÑADOR: José María Dorado
GAÑADOR SENIOR: Manuel Andión
GAÑADOR SUB14: José Manuel Fernández
GAÑADOR SUB12: Miguel Álvarez
GAÑADOR SUB10: Nicolás Rivas
GAÑADOR SUB8: Rubén Troiteiro
XII TORNEO - 2019
GAÑADOR: Juan Luis Muñiz
GAÑADOR SENIOR: Jorge Humberto Barale
GAÑADOR SUB14: Andrés Fernández
GAÑADOR SUB12: Marcos Rial
GAÑADOR SUB10: Jorge Diez Quian
XIII TORNEO - 2020
GAÑADOR: Brais Martínez
XIV TORNEO - 2021
GAÑADOR: José Fernández Otero
XV TORNEO - 2022
GAÑADOR: Rodrigo Pena
XVI TORNEO - 2023
GAÑADOR: Juan Carlos Rodríguez

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.